Saltar ao contido

Bandeira dos rohingya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos rohingya
Bandeira dos rohingya
Características
Uso
Proporción2:3
AdopciónMediados do século XX
Cores     Verde      Dourado      Branco

A bandeira dos rohingya é a bandeira cultural e étnica do pobo rohingya.[1] O seu uso foi documentado por vez primeira polo estudoso e autor rohingya A.F.K. Jilani, quen rexistra a súa creación a mediados do século XX.[2] O 20 de maio de 2018, unha versión actualizada da bandeira foi creada pola Academia da Lingua Rohingya, a cal é usada polas comunidades da diáspora rohingya de todo o mundo.[2]

O deseño da bandeira é un campo verde cargado cun círculo amarelo que contén un texto branco. O verde representa a paz, o ouro representa a prosperidade e o branco representa a pureza. O texto árabe do cento é a shahada rodeada polos nomes dos catro califas do islam: Abu Bakar (enriba), Omar (abaixo), Othman (esquerda) e Ali (dereita).[2][3]

Especificacións

[editar | editar a fonte]

Diagrama do deseño da bandeira.

Esquema Verde Dourado Branco
RGB 11, 102, 35 212, 175, 55 255, 255, 255
Hexadecimal #0B6623 #D4AF37 #FFFFFF
CMYK 0.89, 0.00, 0.66, 0.60 0.00, 0.17, 0.74, 0.17 0, 0, 0, 0
  1. "Myanmar - Burmese peoples". www.crwflags.com. CRW Flags Inc. Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Arakanese Rohingya Flag". Rohingya Language Academy (en inglés). Rohingya Language Academy. 5 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 13 de setembro de 2019. 
  3. "Rohingya | Flag | Myanmar". ozoutback.com.au. OzOutback. Consultado o 16 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]