Bandeira de Osetia do Norte
A bandeira de Osetia do Norte-Alania é unha tricolor branca, vermella e marela. As cores simbolizan a pureza moral (branco), a coraxe marcial (vermello), e a saúde e a prosperidade (marelo).
Da bandeira tamén se di que representa a estrutura social da antiga sociedade oseta, que foi dividida en tres grupos sociais que formaban un conxunto orgánico: a aristocracia militar, o clero, e o pobo ordinario.
A bandeira de Osetia do Sur ten cores idénticas, pero proporcións levemente diferentes (sendo máis estreita horizontalmente).
Baixo a Unión Soviética, Osetia do Norte tivo unha bandeira case totalmente vermella cun recorte azul á esquerda, a fouce e martelo e o nome da república tanto en lingua rusa e lingua oseta. Pouco antes do colapso da URSS, foi substituída coa actual bandeira, que foi adoptada o 2 de outubro de 1991.