Bandeira de Artsakh
Bandeira de Artsakh | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 2 de xuño de 1992 |
Cores | Vermello Azul Branco Laranxa |
A bandeira de Artsakh, un estado independente de facto localizado na rexión do Alto Karabakh en Acerbaixán no Sur do Cáucaso, deriva da bandeira de Armenia cun patrón branco. A bandeira foi adoptada o 2 de xuño de 1992.
Simbolismo[editar | editar a fonte]
A cor vermella representa ao sangue dos defensores de Armenia, o azul ás riquezas naturais do país e o laranxa á coraxe dos seus traballadores. Outra interpretación refírese ao uso das cores vermello, azul e laranxa simbolizando á enerxía do sol, as montañas e os cultivos de trigo.
As franxas horizontais e a punta graduada branca simbolizan a poboación de Artsakh que quedou separada de Armenia ao estar integrada en Acerbaixán. O patrón é semellante ao deseño utlizado en mantas na zona. A bandeira é unha clara referencia para amosar que a República de Artsakh é terra armenia gobernada por armenios.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nagorno-Karabakh en Flags of the World (en inglés)