Bandeira da República de Sakha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira da República de Sakha
Bandeira da República de Sakha
Características
Uso
Proporción1:2[1]
Adopción14 de outubro de 1992[2]
Cores     Azul      Branco      Vermello      Verde

A bandeira da República de Sakha (en iacut: Саха Өрөспүүбүлүкэтин былааҕа; Saqa Öröspüübülüketin Bılaağa) é unha bandeira étnica do pobo iacut e un símbolo oficial da república federal rusa, xunto co escudo de armas e o himno nacional da República de Sakha. A bandeira ten catro franxas horizontais. De arriba a abaixo, as raias son azul claro (3/4 do ancho da bandeira), branca (1/16), vermella (1/16) e verde (1/8). A bandeira úsase oficialmente como bandeira da República de Sakha dende o 14 de outubro de 1992.[3] A franxa azul claro está cargada cun disco branco no centro. O diámetro do disco é 2/5 do ancho da bandeira.[4]

Antes de 1992, a República de Sakha existía como a República Autónoma Socialista Soviética de Iacutia. Antes de 1937, a RASS de Iacutia utilizaba unha bandeira cun cantón azul que contiña a representación da aurora e o nome da república. Despois de 1937, a bandeira da RASS de Iacutia era idéntica á bandeira da RSFS rusa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antonov, P.E. (1995). Тунгусское восстание: ошибок можно было избежать [Tungus uprising: mistakes could be avoided] (en ruso). Yakutsk: Ilin. 
  • Gogolev, Z.V. (1961). Разгром антисоветских восстаний в 1924—1925 и 1927—1928 гг. [The defeat of the anti-Soviet uprisings in 1924–1925 and 1927–1928]. Scientific Posts (en ruso). 
  • Petrov, N.E. (1973). Орфография якутского языка [Orthography of Yakut] (en ruso). Moscow: Nauka. 
  • Sokolov, Vladislav Aleksandrovich (2002). Вексиллологический справочник по флагам Российской Империи и СССР [Vexillological guide on flags of the Russian Empire and the USSR] (en ruso) 1. Moscow: Moscow State Industrial University. p. 644. ISBN 978-5-276-00240-8. 
  • Potapov, I.A. (1994). Koryakin, K.K., ed. Саха Республикатын Государственнай дьаралыга уонна Государственнай былааҕа; Государственный герб и Государственный флаг Республики Саха (Якутия) [State Emblem and State Flag of the Republic of Sakha (Yakutia)] (en ruso e iacuto). Yakutsk: Sakha National Book Publishing. p. 68. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]