Banda deseñada do Oeste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portada dun cómic do Oeste dos anos 1950.

A banda deseñada do Oeste, historieta do Oeste ou cómic do Oeste pode considerarse tanto un subxénero da banda deseñada histórica, na medida en que a súa acción transcorre nun tempo e lugar moi concretos do pasado, ou un xénero en si mesmo, dada a cantidade de obras que se encadran nel, e a posibilidade de trasladar os seus arquetipos a outros contextos espacio-temporais.

Características[editar | editar a fonte]

Argumentais[editar | editar a fonte]

  • Trascorren no territorio occidental dos Estados Unidos durante o século XIX, cando ten lugar a súa exploración e desenvolvemento, baixo a ameaza latente do ataque dos indios, ou en cidades sen lei nas que os bandoleiros andan ás súas anchas.
  • Tamén é habitual que algúns dos seus personaxes representen o ben sen ambaxes, mentres viaxan esperanzados a esas terras coa utopía de forxar un fogar e vivir en paz, e outros representen pola contra o lado malvado, aqueles que se aproveitaban dos indefensos para faceren a súa propia vida máis fácil.
  • Iconografía característica: Sombreiro texano, pistolas, chalecos, cabalos, deserto, cidades-rúa, saloon, ranchos, dilixencias, etc.

Formais[editar | editar a fonte]

  • Adoitan presentaren debuxos realistas, de trazo forte e rudo, como en Red Ryder (1938) de Fred Harman.
  • Iluminación simple.
  • Composición dinámica e aberta (moitas paisaxes exteriores).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

As primeiras series de historietas dedicadas aos cowboys apareceron nos anos vinte do século XX en EE.UU., logrando xa desde o principio un éxito notábel. Unha das pioneiras foi Young Buffalo Bill (O Búfalo Bill mozo), cuxo autor era Harry O’Neill. Tamén foi das primeiras series que ofreceu a United Features. A principios dos anos trinta, convertiuse en Buckaroo Bill e, máis tarde, cambiou o nome polo de Broncho Bill. A historia acabou centrándose nas aventuras que levaban a cabo os Rangers, un grupo de vixilantes juvenís armados con revólveres e comandados por Bill.

Outras series ambientadas no salvaxe Oeste escribíronas homes que antes tamén montaran a cabalo. Foi o caso de Fred Harman (1902-1982) que foi criado no rancho que o seu pai tiña en Colorado. Cando se trasladou a Kansas City xunto ao seu irmán, Harman interesouse pola novidosa arte da animación e durante un tempo traballou canda Walt Disney, outro cartoonist (creador de debuxos animados) da cidade. Pero cando Walt se trasladou a Hollywood, Harman non o seguiu. Quedou para realizar unha serie de moito éxito chamada Bronc Peeler. Bronc era un mozo langrán e rubio que se converteu, pasado un tempo, nun cowboy moi dotado no manexo do cabalo e a pistola, bo loitador e, por suposto, moi atractivo. A Bronc deulle un compañeiro indio máis novo, chamado Little Beaver, coa intención de chegar tamén a un público máis novo. Máis tarde, o nome de Bronc cambiouno polo de Red Ryder.

Unha serie notábel foi White Boy, de Garreth Price (1896-1979). Era a historia das aventuras dun rapaz ao que capturaran os sioux e que logo rescatou unha tribo rival. Price experimentaba moito e os seus debuxos eran moi atrevidos polo que non puido conquistar un público moi numeroso. A serie en cuestión cambiou de nome por Skull Valley e daquela pasou a narrar historias de foraxidos galopantes e heroes enmascarados. Concluiu en 1936.

Durante a década dos trinta apareceron máis series cuxa historia transcorría no vello Oeste. Da radio chegou The lone Ranger (O chairego solitario) e Stephen Slesinger creou King of the Royal Mounted, un cómic sobre a Policía Montada de Canadá. En México, apareceu Adelita e as guerrillas.

Popularidade en Europa[editar | editar a fonte]

A raíz das súas estreas cinematográficas, o cómic do Oeste adquire unha gran relevancia en Europa, con series tan populares como O pequeno loitador (1945), Tex (1948), Yuki o temerario (1958), Apache (1958) ou Frecha vermella (1962).

O western moderno[editar | editar a fonte]

A mediados dos 60, tres grandes revistas franco-belgas competían con tres títulos do xénero: Spirou coa clásica "Jerry Spring" (1954) de Jijé, Pilote con "O tenente Blueberry" (1963) de Charlier/Jean Giraud e Tintín con "Comanche" (1969), de Greg/Hermann.[2] As dúas últimas series estaban orientadas cara a un público menos infantil e vinculábanse ás películas de Robert Altman, Sergio Leone ou Sam Peckinpah.[3]

Nun ton sarcástico, hai que destacar As aventuras de Al Crane de Lauzier e Alexis.

O sheriff King (1964), Sunday (1968), Manos Kelly (1971), Lobo (1965), Jonah Hex (1972), Jim Cutlass (1981),

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tubau, Iván (1975): Curso de dibujante de historietas. Barcelona: CEAC, vol. 6, páx. 22.
  2. Fernández, Norman (2007): Hermann, la pasión de narrar. Palma de Mallorca: Dolmen Editorial, páx. 20.
  3. Fernández, N., Op. cit., páx. 23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banda deseñada do Oeste