.bak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bak file»)

En informática, .bak é unha extensión de arquivo que xeralmente adoita sinalar unha copia de seguridade dun ficheiro.[1]

Cando un programa está a punto de sobrescribir un ficheiro existente (por exemplo, cando o usuario garda un documento no que está traballando), o programa primeiro pode facer unha copia do ficheiro existente anexando .bak ó nome do ficheiro. Este esquema común de nomes .bak permite recuperar contidos orixinais do arquivo se houbese algún problema. Un usuario pode facer a man unha copia do arquivo antes do cambio e poñer .bak ó final do nome do arquivo.

Están xeneralizados tamén outros esquemas de nomenclatura para este traballo: ficheiro~, ficheiro.orig,[2] ficheiro.old, entre outros.

Aplicacións de base de datos como FoxPro e SQL Server usan ficheiros .bak para facer unha copia de seguridade das súas bases de datos e outras aplicacións. XML shell tamén crea ficheiros .bak no seu proceso de autogardado. Non son automaticamente eliminados, polo que esta tarefa debe ser feita manualmente após o proceso que os utiliza é detido, en caso de desexalo.

  Programas que utilizan .bak[editar | editar a fonte]

Isto é unha lista parcial de aplicacións que xeran .bak (nalgúns casos é unha configuración opcional):

  • Apophysis7X
  • Alteryx
  • Aspell
  • Audacity
  • AutoCAD
  • Blue Griffon
  • Cubase
  • Draftsight
  • Family Tree Maker
  • Finale Notepad
  • FoxPro
  • FormZ
  • Google Chrome
  • Grabilla
  • HxD
  • HyperCam
  • JavaFX Scene Builder
  • Lazarus
  • LMMS
  • MATLAB
  • Minitab
  • Mupen64
  • Notepad++
  • NUPS
  • Opera
  • Outlook Express
  • Password Safe (.ibak)
  • Photoshop
  • PScad
  • Sony Vegas
  • SQL Server
  • SCIA Engineer
  • Steinberg Cubase
  • Starbound
  • TeamViewer Manager
  • Terraria
  • Turbo C++
  • UltraEdit
  • VEE
  • WhatsApp
  • Windows (BOOTSECT.BAK)
  • WinMerge
  • Word
  • Zmodeler

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]