A baddeleyita é un raro mineral de óxido de circonio (ZrO2) ou circonia. Atópase en diversos cristais monoclínicos prismáticos. Pode ser transparente ou translúcido, cun alto índice de refracción, e un rango de cores que van desde o incolor até o amarelo, o verde e o marrón escuro. É un material refractario, cun punto de fusión de 2700°C. O hafnio, moi similar ao circonio, é unha impureza e preséntase sempre polo menos en pequenas porcentaxes de 0,1%.
Debido á súa natureza refractaria, como á súa estabilidade baixo certas condicións, os grans de baddeleyita, xunto co circón, úsase na datación radiométrica ao uranio-chumbo.
↑Drabińska, A., Physical Review B; Grodecki, K., Strupiński, W., Bożek, R., Korona, K. P., Wysmołek, A., Stępniewski, R., Baranowski, J. M. (2010). "Growth kinetics of epitaxial graphene on SiC substrates" 81. p.245410. doi:10.1103/PhysRevB.81.245410.