Carbonatita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carbonatita recollida no Brasil

As carbonatitas son rochas ígneas extrusivas ou intrusivas definidas por ter máis do 50% da súa masa constituída por minerais tipo carbonato.[1]

Atópanse asociadas a corpos básicos e ultrabásicos que aparecen relacionados coas kimberlitas e lamproítas. Comparten coas kimberlitas características xenéticas aínda que non haxa explicación das relacións entre ambos os dous depósitos.

Teñen carbonatos como calcita ou dolomita, e ademais teñen apatita, circón e diversas terras raras.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bell, Keith (ed.) 1989 Carbonatites: Genesis and Evolution, Londres, Unwin Hyman

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]