BIROS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BIROS / FireBird 2
Maqueta de BIROS
TipoCientífico
OrganizaciónDLR
Contratistas principaisDLR-IOS, Astrofein
Data de lanzamento22 de xuño de 2016[1][2][3][4]
Foguete portadorPSLV-XL[5][2]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Satish Dhawan[5][2]
NSSDC ID2016-040F
Masa130 kg[5][2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior6869 km[1]
Inclinación97,2°[1]
Apoapse505,9 km[1]
Periapse491,4 km[1]

BIROS (acrónimo de Bi-spectral InfraRed Optical System), coñecido tamén como Firebird 2, é un satélite artificial alemá lanzado o 22 de xuño de 2016 mediante un foguete PSLV-XL desde o Centro Espacial Satish Dhawan, na India.[5][2][4]

Características[editar | editar a fonte]

BIROS é un satélite lanzado coa misión de detectar incendios forestais desde órbita. É unha versión mellorada do satélite TET 1, co que comparte o sensor para detectar lume, e que usa o bus TET-X. BIROS leva a bordo tres cámaras de barrido, unha para o visible e as outras dúas para o infravermello, coas que detectar eventos de alta temperatura, como lume ou volcáns. Como cargas secundarias leva un terminal de comunicación óptica denominada OSIRIS (Optical Space Infrared Downlink System) para demostrar a capacidade de comunicación usando láser, chegando a velocidades de 1 Gbps, e o experimento de navegación óptica autónoma AVANTI (Autonomous Vision Approach Navigation and Target Identification), para o cal liberou o CubeSat BeeSat 4. BIROS ten unha masa de 130 kg.[5][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "BIROS" (en inglés). 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2022). "BIROS" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  3. "Note verbale dated 5 September 2016 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (16-05621 (E)): 2. 7 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2022). "BIROS" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BIROS (FireBird 2)" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]