Azucre moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Exemplos de azucre moreno: mascabado (arriba), escuro (esquerda) e claro (dereita).

O azucre moreno é azucre de sacarosa parcialmente refinado, de cor variábel entre o amarelo e o pardo, pegañento ao tacto, cun contido mínimo de sacarosa do 85%.[1] Cando é procedente dos zumes depurados da cana de azucre chámaselle azucre moreno de cana.

A cor parda característica débese á presenza de melaza. É un azucre sen refinar ou parcialmente refinado formado por criatais de azucre con algún contido residual de melaza ou producido polo engadido de melaza ao azúcre branco refinado.

O azucre moreno inclúe do 3,5 % (azucre moreno claro) ao 6,5 % (azucre moreno escuro) de melaza. O produto é naturalmente húmido por mord da natureza higroscópica da melaza, e puede ser procesado para obter variantes máis manexábeis nos procesos industriais. O engadido de tinturas e outros produtos químicos pode estar permitida nalgunhas xurisdicións ou procesos industriais.

O tamaño das partículas é variábel mais xeralmente menor ca das do azucre branco granulado. As variantes para uso industrial (como a repostaría) pode estar baseadas no azucre extrafino, que ten cristais de aproximadamente 0,35 mm.

Valores nutricionais[editar | editar a fonte]

O azucre moreno ten un contido calórico lixeiramente inferior por peso ca o azucre branco grazas á presenza de auga. Cen gramos de azucre moreno contén 373 quilocalorías, fronte ás 396 do azucre branco.[2] Porén, o azucre moreno envásase con maior densidade ca o branco grazas ao menor tamaño dos seus cristais, polo que pode ter máis calorías se se miden por volume: unha cullerada de azucre moreno ten 48 quilocalorías fronte ás 45 do azucre branco.[3]

Azucre moreno natural[editar | editar a fonte]

O azucre moreno natural ou simplemente azucre natural é un azucre moreno producido na primeira cristalización do azucre de cana. Contén máis melaza ca o azucre moreno, o que lle outorga un maior contido en minerais. Segundo o seu aspecto ou procedencia, pode recibir denominacións alternativas, como azucre de Demerara, azucre mascabado ou azucre turbinado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "I'm Sweet Enough". New Scientist. 21 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2008. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  3. Sugar Association. "Just 15 calories a teaspoon!". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]