Saltar ao contido

Azucena Villaflor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAzucena Villaflor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1924 Editar o valor en Wikidata
Avellaneda, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Desaparición10 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata, Buenos Aires (desaparición forzada) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1977 ↔ 20 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa da Santa Cruz (2005–) Editar o valor en Wikidata
Membra fundadora (pt) Traducir Nais de Praza de Maio
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAvellaneda Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
Membro de

Azucena Villaflor, nada en Avellaneda (provincia de Buenos Aires) o 7 de abril de 1924 e finada cara a decembro de 1977, foi unha activista social arxentina, unha das fundadoras da asociación das Nais de Praza de Maio, dedicada a buscar aos "desaparecidos" durante a guerra sucia na Arxentina.

A súa vida

[editar | editar a fonte]

Procedía dunha familia de clase obreira. A súa nai, Emma Nitz, deuna a luz con só quince anos; o seu pai, Florentino Villaflor, tiña 21, e traballaba nunha fábrica de la. Varios membros da familia do seu pai foran militantes peronistas.

Aos dezaseis anos empezou a traballar como telefonista nunha empresa de electrodomésticos. Alí coñeceu a Pedro De Vicenti, delegado sindical, con quen casou en 1949 e con quen tivo catro fillos.

O 30 de novembro de 1976, oito meses despois do comezo da ditadura militar que se chamou eufemísticamente "Proceso de Reorganización Nacional", un dos fillos de Azucena Villaflor, Néstor, e a noiva deste, Raquel Mangin, foron secuestrados. Villaflor iniciou a súa procura, dirixíndose ao Ministerio de Interior, e intentando solicitar a axuda do vicario militar Adolfo Tortolo (aínda que só conseguiu falar co seu secretario, Emilio Grasselli). Durante estas xestións, coñeceu a outras mulleres que estaban buscando tamén a parentes desaparecidos.

Tras seis meses de infrutuosas pescudas, Villaflor, xunto a outras persoas na súa mesma situación -que se foron coñecendo na procura dos seus familiares- decidiron iniciar unha serie de manifestacións para dar publicidade ao seu caso. O 30 de abril de 1977 ela e outras trece nais manifestáronse na Praza de Maio, no centro de Buenos Aires, enfronte da sede do goberno, a Casa Rosada. Ante a orde policial de non deterse nin "agruparse", senón "circular", decidiron camiñar ao redor da praza. A primeira marcha tivo lugar un sábado, e apenas tivo repercusión; a segunda foi un venres e desde entón converteuse en costume realizala todos os xoves, ao redor das tres e media da tarde.

O seu secuestro, desaparición, tortura e morte

[editar | editar a fonte]
Cinzas de Azucena Villaflor, na Pirámide de Mayo.

Ese mesmo ano, o 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, as Nais publicaron un anuncio no xornal cos nomes dos seus fillos desaparecidos. Aquela noite, Azucena Villaflor foi secuestrada por un grupo armado na súa casa en Villa Dominico, en Avellaneda, Buenos Aires. Segundo testemuños, foi recluída no campo de concentración da Escuela de Mecánica de la Armada, ESMA, onde actuou, entre outros represores, Alfredo Astiz.

Identificación do seu corpo e enterro

[editar | editar a fonte]

O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora "el choque contra objetos duros desde gran altura", como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte[1]. Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.

En 1984 no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos óseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila del Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.

A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.

En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaron novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como "probabelmente masculino".

Cattani mandou os ósos ao laboratorio de Inmunoxenética e Diagnóstico Molecular (LIDMO) de Córdoba, pertencente ao EAAF. Os resultados do laboratorio foron determinando que os restos pertencían ao grupo de secuestrados entre os días 8 e 10 de decembro de 1977. O 8 de xullo de 2005 o xuíz Cattani recibiu o informe establecendo que un dos restos individualizados pertencían a Azucena Villaflor [2].

Os restos de Villaflor foron incinerados, e as súas cinzas enterradas aos pés da Pirámide de Maio, no centro da Praza de Maio, o 8 de decembro de 2005, ao termo da vixésimo quinta marcha de resistencia das Nais. Os seus fillos sobreviventes escolleron o lugar.

En 1997, o historiador Enrique Arrosagaray publicou unha biografía de Azucena Villaflor, titulada Los Villaflor de Avellaneda.

Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Documentos segredos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno arxentino.

O dato está incluído en Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto "Informe sobre monjas muertas". Textualmente o documento di:

1. A.F.P. Marzo 28 Historia recopilada en París informa que los cuerpos de dos monjas francesas (Alicia Doman y Renee Duguet) que fueron secuestradas a mediados de diciembre con otros once activistas de derechos humanos fueron identificados entre los cuerpos cerca de Bahía Blanca. 2. Buenos Aires estaba llena de ciertos rumores desde hace un mes sobre constancias del descubrimiento de un número de cadáveres llevados a la playa por vientos inusualmente fuertes a lo largo del mar atlántico en puntos cercanos a la boca del Río de la Plata unas 300-350 millas al norte de Bahía Blanca (Ver Buenos Aires 1919 para control) 3. (Sección en borrada) que estuvo tratando de rastrear estos rumores tiene información confidencial de que las monjas fueron secuestradas por agentes de seguridad argentinos y en algún momento fueron transferidas a la localidad de Junín que se encuentra cerca de 150 millas al oeste de Buenos Aires. 4. La Embajada también tiene información confidencial obtenida a través de una fuente (protegida) del gobierno argentino de que siete cuerpos fueron descubiertos hace algunas semanas en la playa atlántica cerca de Mar del Plata. De acuerdo a esta fuente, los cuerpos eran los de las dos monjas y cinco madres que desaparecieron entre el 8 y el 10 de diciembre de 1977. Nuestra fuente confirma que estos individuos fueron secuestrados por miembros de las fuerzas de seguridad actuando bajo su amplio mandato contra terroristas y subversivos. La fuente además declaró que pocos individuos en el GOA estaban al tanto de esta información. 5. Esta fuente a informado verazmente en el pasado y tenemos razones para creer que tiene conocimiento sobre questiones de desapariciones. La Embajada solicita que su informe sea protegido para evitar comprometer una fuente que ha probado ser útil en proveer información concerniente a individuos perdidos o desaparecidos. CASTRO [3]
  1. "Por primera vez hallan cuerpos de los vuelos de la muerte, Río Negro, 9 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 29 de novembro de 2007. 
  2. "Hallaron los restos de la fundadora de las Madres de Plaza de Mayo, Clarín, 8 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2007. 
  3. "Documento Segredo da Embaixada de EEUU na Arxentina, Nº 1978-BUENOS-02346, 30 de marzo de 1978, Informe sobre monjas muertas, orixinal en inglés" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2006. Consultado o 29 de novembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arrosagaray, Enrique (1993). Los Villaflor de Avellaneda. Ediciones de la Flor. ISBN 950-515-370-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]