Azeótropo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un azeótropo é unha mestura líquida de dous ou máis compoñentes que posúe un único punto de ebulición constante e fixo, e que ao pasar ao estado vapor compórtase como un líquido puro, ou sexa coma se fose un só compoñente.

Un azeótropo, pode ferver a unha temperatura superior, intermedia ou inferior á dos constituíntes da mestura, permanecendo o líquido coa mesma composición inicial, do mesmo xeito que o vapor, polo que non é posible separalos por destilación simple.

O azeótropo que ferve a unha temperatura máxima chámase azeótropo de ebulición máxima e o que o fai a unha temperatura mínima chámase azeótropo de ebulición mínima. Os sistemas azeotrópicos de ebulición mínima son máis frecuentes cós de ebulición máxima.

Un exemplo é a mestura de etanol e auga, que forma un azeótropo para unha concentración do 95% en peso de alcohol, que ferve a unha temperatura de 78,2 °C. Cunha destilación simple obtense un alcohol con este título, pero para conseguir un composto máis puro necesítase utilizar recursos especiais como unha destilación azeotrópica.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]