Axuda:Introdución á edición con Editor Visual/5
Iniciando o editor
Ferramentas básicas
Ligazóns
Gardar os seus cambios
Crear novos artigos
Resumo
|
![]() Wikipedia en galego ten 220.099 artigos, polo que é probable que a maior parte do tempo estea a actualizar e mellorar as páxinas existentes. Outras veces, con todo, pode querer crear un artigo completamente novo. Para facelo, hai tres criterios que debe coñecer: RelevanciaO tema é relevante? Os temas necesitan ser suficientemente importantes para ser incluídos en Wikipedia. No caso das biografías, isto significa que a persoa debe recibir unha cobertura significante por parte de fontes independentes a ela. Fontes fiablesHai fontes fiables e verificables que apoien a información? Antes de que empece a redactar un artigo, o mellor é que reúna un conxunto de fontes independentes, fiables e verificables para citar como referencias. Estas son esenciais para asegurar que o contido de Wikipedia siga sendo preciso e confiable. Conflitos de intereseAféctalle algún tipo de conflito de intereses? É mellor evitar escribir artigos sobre a súa persoa ou sobre empresas e persoas para as que traballa. Isto débese a que é difícil evitar os rumbos e lograr un punto de vista neutral nestes temas. Mesmo se non pode escribir o artigo, sempre existe a posibilidade de solicitar que alguén o escriba, e simplemente ten que proporcionarlle fontes fiables a usar. Onde crear un artigo novo?Normalmente é mellor crear un artigo novo como borrador, por exemplo na súa páxina de probas. Isto permítelle escribir e desenvolver o seu artigo antes de movelo ao espazo de nomes principal. O asistente para a creación de artigos indicaralle os pasos necesarios para crear un artigo novo.
|