A barra de ferramentas do Editor Visual aparece na parte superior da pantalla cando empeza a editar.
Os botóns desfán e refán os cambios que fixo.
O menú
Parágrafo permítelle usar formatos de texto estandarizados, por exemplo crear cabeceiras e subtítulos. O formato de texto normal chámase "Parágrafo", as seccións da páxina principal chámanse "Encabezado" e os subtítulos "Subtítulo 1", "Subtítulo 2", etc.
O menú A contén opcións de formato incluíndo grosas (B), cursiva (I), subliñado (U), superíndice (x2), e subíndice (x2). Este formato aplícase a calquera texto que seleccione. Por exemplo, o título dun artigo debe escribirse en grosas a primeira vez que se menciona.
O menú permite crear listas con viñetas e numeradas, e o menú
Ω
mostra caracteres especiais.