Axelmundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axelmundo (ou Axilmundo) foi o primeiro soberano histórico dos longobardos. Reinou entre finais do século IV e o inicio do V.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Axelmundo é o primeiro rei histórico, despois dos míticos irmáns Ibor e Aio, transmitido pola tradición longobarda, transmitida na Origo gentis Langobardorum. Convértese en soberano a finais do século IV, cano o seu pobo se estableceu no Nórico (a actual Baixa Austria) tras unha migración plurisecular e reinou, sempre segundo o mito, trinta e tres anos.

Pertencente á liñaxe dos Gugingos, Axelmundo é considerado na tradición posterior como fillo do mítico Aio, personificando a continuidade do pobo e dos seus xefes. A súa subida ao trono significou o desenvolvemento dunha forte institución monárquica entre os longobardos, sen que esta anulase, porén, a autonomía dos varios duques.

Cóntase que Axelmundo guiara aos longobardos no seu encontro contra os hunos, chamados polas fontes longobardas bulgari; probabelmente saíu mal parado, xa que caeu na batalla e a súa filla foi convertida en escrava. O mito fai mención tamén dun encontro coas amazonas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Reino longobardo

Segue a:
Axelmundo
(finais século IV-principios século V)

Precede a:
Lamissio