O Centro de Interpretación Avifauna é un pequeno parque zoolóxico situado en Bravos (Outeiro de Rei).
O parque, creado no ano 1992, ten unha extensión de 15.000 m². Está dedicado á exhibición de aves e conta entre os seus exemplares: grous, cisnes, faisáns, mouchos, perdices, flamengos, ibis, pegas, curuxas, papagaios etcétera. Constituído como zoolóxico dende 2008, mantén unha colección de máis de 300 especies diferentes e mantén arredor de 40 especies con algún tipo de protección.[1]
En 1983 adquiríronse 6.000 m² de terreo dunha antiga canteira de pedra convertida en cascalleiro. Até 2013 traballouse na recuperación do terreo ampliado até os 30.000 m² incluíndo estanques, fontes, pasarelas e sendeoros.
No ano 2000 creouse o Centro de Interpretación de Avifauna, destinado a realizar actividades de educación ambiental. En 2008 rexistrouse como zoolóxico de Galicia, co nº ES 27 039 0119201 e está rexistrado como parque zoolóxico ornitolóxico (LU-2010/01-PZ).