Avante LGBT+
Avante LGBT+ | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 2017 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Avante LGBT+ (Anteriormente Avante LGTB e Avante LGBT) é unha organización galega conformada por persoas lésbicas, gais, bisexuais, trans, e outras diversidades, que defenden os dereitos do colectivo LGBT+. Esta organización, de ideoloxía nacionalista, feminista e anticapitalista[1], foi fundada en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 2017 após dunha asemblea aberta á que asistiron preto de 100 persoas e que tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela[2].
No ano 2018 Avante LGBT+ atravesou un proceso de expansión territorial que culminaría coa súa Asemblea Nacional Constituínte. Esta xuntanza tivo lugar na Casa do Matadoiro, en Santiago de Compostela, o día 27 de outubro[3]. Nesta asemblea foron escollidas por votación 6 persoas que pasarían a conformar a coordinadora nacional, órgano executivo ao que posteriormente se engadirían 6 integrantes máis en representación das localidades con presenza da organización a esa altura: Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Lugo, A Coruña, e Pontevedra[4]. Ademais, o pleno da asemblea tomou a decisión de mudar o nome da organización, de "Avante LGTB" como fora fundada, a "Avante LGBT", adoptando a orde internacional das siglas do colectivo no canto da orde preferida en España[5]. Sería na II Asemblea Nacional, celebrada o 7 de decembro do 2019 no local comarcal da Confederación Intersindical Galega en Vigo[6], cando se adoptaría o nome actual da organización, Avante LGBT+, engadindo o "+" para representar as diversidades vítimas da cisheteronorma non recollidas no acrónimo[7].
A comezos do 2022 xurdiron as expansións de Ourense e de Verín, conformando así un total de nove localidades.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quen somos?". avantelgtb. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2021. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "Na tarde de onte unhas 100 persoas xuntamonos na facultade de Filosofía da USC para dar comezo a este proxecto". Twitter. Consultado o 2020-11-15.[sic]
- ↑ "Asemblea Nacional Constituínte". Twitter. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "AVANTE LGBT". Avante LGBT. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "Avante LGBT+". www.facebook.com. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "Avante LGBT+". www.facebook.com. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "Seguindo os acordos tomados na 2ª Asemblea Nacional a nosa organización muda de nome". Twitter. Consultado o 2020-11-15.