Australian Bureau of Statistics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
ABS House, as oficinas centrais da Australian Bureau of Statistics.

A Australian Bureau of Statistics (ABS) é a oficina australiana de estatística. Nun principio foi denominada Commonwealth Bureau of Census and Statistics (Oficina de Censo e Estatística da Mancomunidade), e comezou a súa actividade o 8 de decembro de 1905. A Constitución australiana deu ó goberno o poder de recoller a información do censo e estatística.

O traballo do ABS é axudar ó goberno australiano a tomar as decisións correctas baseadas na información correcta. O ABS ten un censo cada 5 anos e recolle información sobre toda a poboación de Australia. O último censo realizouse o 8 de agosto de 2006. Os resultados dos censos están dispoñibles no sitio web de ABS.[1]

Anuario de Australia[editar | editar a fonte]

Cada ano, o ABS lanza un libro sobre Australia, chamado o Anuario de Australia. Nel detállanse a economía e as condicións de vida do país. Tamén conta con detalles acerca da xeografía e o clima de Australia, as relacións internacionais, defensa, educación, saúde e os sistemas de protección social.

En abril de 2008, o ABS dixo que non dispuña de fondos suficiente para elaborar a edición de 2009 do anuario.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Australian Bureau of Statistics
  2. "The Australian Newspaper.". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o 27 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]