Auricalcita
Aparencia
| Auricalcita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | (Zn,Cu²⁺)₅(CO₃)₂(OH)₆ |
| Clase | Carbonato |
| Sistema cristalino | Romboédrico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | De azul a verde escuro |
| Brillo | Sedoso |
| Dureza | 2 (escala de Mohs) |
| Raia | Esbrancuxada |
| Densidade | 3,6 g/cm³ |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A auricalcita é un mineral do grupo dos carbonatos. É un mineral secundario produto de alteración da zona de oxidación dos depósitos de zinc e cobre.[1] Minerais asociados son: rosasita, smithsonita, hemimorfita, hidrocincita, malaquita e azurita.[2]
Foi descrito por primeira vez en 1839 por Bottger, quen denominou ao mineral así polo seu alto contido de cinc e cobre, do grego όρειχαλκος (oricalco). O localización tipo áchase na mina Loktevskoye, no río Loktevka, Rudnyi Altai, Altaiskii Krai, Siberia Occidental, Rusia.[3]
Depósitos
[editar | editar a fonte]No Estado español aparece en forma follosa en Comillas (Cantabria), na Serra de Aralar e na hidrocincita de Urnieta (Guipúscoa), e en La Unión (Murcia). Nos Picos de Europa atópase a variedade buratita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redescolar - Auricalcita Arquivado 02 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Handbook of Mineralogy
- ↑ Mindat
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Auricalcita |