Aurelia (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurelia
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 31,1 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 20,3° N 331,8° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra á nai de xulio César, Aurelia.[1]

Aurelia é un cráter complexo do planeta Venus, situado nas coordenadas 20,3° N 331,8° E.[1] O cráter ten 31 km de diámetro[1] e posúe paredes con chanzos, un chan moi brillante visto polo radar (algo moi infrecuente nos cráteres de Venus) e un pico central segmentado en varias partes, todas estas características fan que este cráter sexa clasificado coma complexo. Tamén cabe subliña-los regueiros (moi brillantes tamén) en forma de lóbulos, así coma os terreos escuros ó radar que rodean (case por completo) a todo o complexo do cráter.[2] O nome do cráter recibiu o nome da nai de Xulio César, Aurelia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Aurelia on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 01-12-2011. 
  2. JPL/NASA (ed.). "PIA00239: Venus - Crater Aurelia". Photojournal. Consultado o 01-12-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]