Barton (cráter)
Aparencia
| Datos xerais | |
|---|---|
| Tipo | cráter de impacto |
| Corpo astronómico | Venus |
| Epónimo | Clara Barton |
| Datos xeográficos | |
| Coordenadas | 27°24′N 337°30′L / 27.4, 337.5 |
| Diámetro | 52,2 km |
| Cuadrángulo | Sedna Planitia quadrangle (en) |
| Localización | |
| Identificadores | |
| GoPN | 623 |
O cráter Barton é un cráter de impacto que está situado na superficie de Venus e que ten uns 52 km de diámetro. Cando os cráteres de Venus comezan a acadar este tamaño, comezan a aparecer con cumios centrais en forma de anel no canto das típicas montañas (únicas) centrais. O chan do cráter e plano e escuro visto a ollos do radar, o cal indica que se puido infiltrar lava no seu interior nalgún momento posterior ó impacto. O cumio en anel do cráter Barton é descontinuo e semella ter sido quebrado ou alterado durante ou pouco despois de proceso de craterización.[1] O cráter recibiu o nome de Clara Barton, fundadora da Cruz Vermella Americana.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Peak-Ring Crater". JPL. Consultado o 20-11-2011.
- ↑ "Planetary Names: Crater, craters: Barton on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. Consultado o 20-11-2011.