Adivar (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adivar
Imaxe de radar do cráter Buck feita pola sonda Magallanes.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 30,3 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 8,9° N 76,2° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra a novelista turca Falide Edip Adıvar.[1]

Adivar é un cráter de impacto que está situado na superficie do planeta Venus, recibiu o seu nome en honra á novelista turca Halide Edip Adıvar. O cráter está situado xusto ó norte da parte occidental da rexión elevada de Aphrodite, xustamente nas coordenadas 8,9° N 76,2° E[1]. Rodeando ó cráter hai material expulsado que aparece brillante na imaxe do radar debido a presenza de rochas moi fragmentadas. Existe tamén unha área moito máis ampla afectada polo impacto, que se estende particularmente cara ao oeste. Estes materiais brillantes, así coma a gran cola de material brillante que se estende cara ao oeste, acadan un longo de máis de 500 km sobre as planicies que rodean ó cráter. Unha área de material escuro rodea a estes citados materiais brillantes (e cola), e ten forma de ferradura; nas imaxes tomadas pola Magallanes a varios cráteres, apareceron neles varias enormes manchas de forma oval que estaban compostas por materiais escuros, pero é moi raro o caso de atopar unha destas manchas tan brillantes. Pensase que estas manchas que só se poden ver en Venus, son a consecuencia da interacción entre os materiais do cráter (tanto os procedentes do meteorito coma dos materiais expulsados no impacto) e os fortisimos ventos da atmosfera superior do planeta. Aínda non está ben definido o mecanismo polo cal se producen estas manchas nos cráteres de Venus, pero todo indica que a atmosfera do planeta xoga un papel crucial.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 International Astronomical Union (IAU) Working Group for Planetary System Nomenclature (WGPSN) (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Adivar on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2012. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  2. Jet Propulsion Laboratory (ed.). "Catalog Page for PIA00083". Consultado o 30 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]