Augusto Docampo Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augusto Docampo Soto
Nacemento21 de maio de 1940
Lugar de nacementoLavadores
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Augusto Docampo Soto, nado en Lavadores (Vigo) o 21 de maio de 1940, é un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En abril de 1960 participou con Víctor Francisco Cáceres, Manuel Rodríguez González e Jaime Garrido Vila nunha reunión en Vigo na que se constituíu un grupo anarquista denominado Frente Democrático Juvenil (FDJ), do que ía ser nomeado tesoureiro. Despois da participación do grupo nunha folga de Vulcano e Barreras en solidariedade cos mineiros asturianos, unha serie de arrestos en agosto de 1962 desmantelaron a CNT e o grupo. Augusto Docampo e o resto dos compoñentes do grupo foron arrestados o 4 e 5 de agosto. Foi condenado en consello de guerra o 23 de novembro a cinco anos de prisión.[1] Ingresou posteriormente no PCE e foi un dos dirixentes das Comisións Obreiras en Galicia.[2][3]

Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato suplente do PCE pola provincia de Pontevedra.[4] e nas primeiras eleccións municipais da democracia foi candidato número dous ao concello de Vigo polo PCE e foi elixido concelleiro.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC, 24-11-1962, p. 70.
  2. La Voz de Galicia, 6-11-1976, p. 15.
  3. La Voz de Galicia, 11-12-1976, p. 13.
  4. La Voz de Galicia, 4-5-1977, p. 38.
  5. El Pueblo Gallego, 2-5-1979, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]