Augustas Pečiukevičius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augustas Pečiukevičius
Club Ourense Baloncesto
Información persoal
Nacemento 2 de decembro de 1991 (32 anos)
Vilnius
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 1,93 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 94 kg (207 lb)
Posición Base
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2007
Historial de equipos

Lituania Aisčiai Kaunas (2009–2010)
Lituania Sakalai Vilnius (2010–2012)
Estonia Pärnu (2012–2013)
Estonia Tartu Ülikool/Rock (2013–2015)
España San Pablo Burgos (2015–2016)
Bélxica Phoenix Brussels (2016–2019)
Galicia Básquet Coruña (2019–2022)
Galicia Ourense (2022–)

Augustas Pečiukevičius, nado o 2 de decembro de 1991 en Vilnius, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga no Club Ourense Baloncesto da Liga LEB Ouro.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 3 de setembro de 2015, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo San Pablo Inmobiliaria Burgos da Liga LEB Ouro.[1]

O 22 de outubro de 2019, Pečiukevičius asinou un contrato de catro meses co Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[2] O 29 de xaneiro de 2020, anunciouse a renovación do contrato entre Pečiukevičius e o Básquet Coruña ata o remate da tempada.[3] O 11 de agosto de 2020, Pečiukevičius e o Básquet Coruña renovaron a súa vinculación unha tempada máis.[4] O 18 de agosto de 2021, Pečiukevičius e o equipo coruñés acordaron a ampliación do contrato do xogador lituano por unha tempada máis.[5]

O 30 de xullo de 2022, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Club Ourense Baloncesto da Liga LEB Ouro.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]