Saltar ao contido

Oligofrenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atraso mental»)
Oligofrenia
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
 Instancia de
Características
Identificadores
Freebase/m/09fz4 Editar o valor en Wikidata
MeSHD008607 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC84392 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2P85 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB4509 Editar o valor en Wikidata
CIE-11605267007 Editar o valor en Wikidata
CIE-10F70.F79 Editar o valor en Wikidata
CIE-9317 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001523 Editar o valor en Wikidata
eMedicine289117 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC551499885, C3019965780, C2993597288 e C3019745381 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O atraso mental, debilidade mental ou oligofrenia, consiste nun nivel xeral de desenvolvemento intelectual notabelmente inferior á media da poboación, o que implica deficiencias na conduta adaptativa.[1] Trátase dun trastorno permanente que altera a personalidade globalmente desde moi curta idade.[2]

Tipoloxías

[editar | editar a fonte]

Establécense en función do grao de adaptación e rendemento afectivo, social e laboral.[3]

Oligrofenia profunda

[editar | editar a fonte]

Incapacidade para a aprendizaxe, ausencia de xuízo e razoamento, falta de recoñecemento dos obxectos e da maior parte das persoas. O individuo non ten consciencia da súa existencia, das persoas que o rodean nin das súas necesidades.[4]

Afectivamente só mostra risos e prantos motivados; non sorrí nin dá mostras de cariño. Sobresáltase por estímulos externos. Vive completamente illado e rexeita os cambios.

Carece de capacidade lingüística ou está moi reducida. Non anda ou faino con dificultade. Hai que lle dar de comer, ten unha vida puramente vexetativa e con actividades monótonas: unha vida oroalimentaria.

Estes casos adoitan ir acompañados de malformacións.

Oligofrenia menos profunda

[editar | editar a fonte]

Ten unha capacidade limitada para a aprendizaxe. O pensamento é restrinxido. É lento á hora de dar respostas específicas e coñecer as persoas e cousas que o rodean. Ten dificultades para se orientar no espazo e no tempo.

É algo máis consciente da súa existencia. Mostra unha afectividade superficial. É egocéntrico e cambiante nos afectos; móstrase eufórico ocasionalmente.

Os movementos son lentos e pouco coordinados. O vocabulario é reducido e rudimentario.

Oligofrenia leve

[editar | editar a fonte]

Ten capacidade para a aprendizaxe mais é lento para coñecer as cousas e distinguir as persoas. Ten un xuízo pobre e dificultades de lectoescritura e cálculo. Fállanlle a memoria, a atención e a compresión. Apenas utiliza os conceptos aprendidos e carece de creatividade para progresar a partir do xa aprendido.

É consciente do seu atraso e ten conciencia da súa persoa e das persoas máis próximas. Mostra unha afectividade superficial e "pegañenta", con tendencia ao egocentrismo. Interésase polas cousas que pode conseguir de forma inmediata. Pode realizar traballos simples.

  1. "Discapacidades Intelectuales". Center for Parent Information and Resources (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2025. 
  2. "Discapacidad intelectual". Plena Inclusión (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2025. 
  3. Castillero Mimenza, Oscar (10 de xaneiro de 2017). "Tipos de discapacidad intelectual (y características)". Psicología y Mente (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2025. 
  4. "Retardo Mental ou Deficiência Intelectual". Ânima Consultório de Psiquiatria (en portugués). Consultado o 11 de xullo de 2025.