Saltar ao contido

Atol Rangiroa

Atol Rangiroa
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Descuberta / invención
18 de abril de 1616 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.567 (2012)
2.709 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   32 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   80 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
79 km² masa de terra
1.446 km² lagoon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   12 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF315528815 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05dg4j Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Rangiroa (no dialecto local Ragiroa ou Ra'iroa) é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 350 km de Tahití.

Características

[editar | editar a fonte]

É un dos atois máis grandes do mundo, cun total de 1640 km²; de superfecie, e unha lagoa de 78 km de longo cunha profundidade entre 20 e 35 m. O escollo está formado por 241 illotes e bancos de area dun ancho de entre 300 e 600 m. Hai catro pasos entre o océano e a lagoa. Os dous máis importantes son ao norte, xunto ás vilas de Avatoru e Tiputa que concentran a maior parte da poboación. Con 2.438 habitantes (censo de 2007) é o atol máis poboado das Tuamotu. A poboación vive do turismo, a pesca e o cultivo de perlas negras.

O nome de Rangiroa, ou Rairoa, significa «longo ceo». Probablemente foi poboado no século X. En 1616 chegaron os neerlandeses Le Maire e Schouten e chamárona illa das Moscas (Uliegen Eylandt). Quedaron literalmente cubertos e non puideron quitalas de encima durante días. En 1770 os insulares sufriron unha severa derrota ante os guerreiros da veciña Anaa, quedando a illa despoboada logo do masacre e o exilio, e non foi repoboada ata corenta anos máis tarde. Os primeiro europeos en instalarse foron uns misioneiros católicos en 1851. Estes desenvolveron a plantación de cocos e os habitantes traballaron na industria da copra (polpa de coco seca). En 1965 construíuse un aeroporto de 2.100 m facilitando a chegada do turismo. Unha das atraccións é a práctica do mergullo, cunha rica fauna mariña onde destacan as raias, golfiños e quenllas.

Outros nomes históricos son: Vavaunui, Deans, Nairsa e Prince of Wales.