Atol Maupihaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maupihaa
Atol
Societe isl Maupihaa.PNG
Localización do atol
Situación
País Francia
Colectividade de ultramar Polinesia Francesa
Arquipélago Illas da Sociedade
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 16°48′S 153°57′O / -16.800, -153.950Coordenadas: 16°48′S 153°57′O / -16.800, -153.950
Xeografía
Xeoloxía Atol
Superficie 2´6 km²
Demografía
Poboación 15 (2009)
Densidade 5´77 hab./km²

Maupihaa (Maupiha´a en tahitiano normalizado), ou tamén Mopelia, é un atol do grupo de illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Depende administrativamente da comuna de Maupiti que se atopa a 160 km ao leste. Como referencia máis coñecida, está a 230 quilómetros ao oeste de Bora-Bora.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O atol ten forma redonda e consiste nunha profunda lagoa central de 30 km² rodeada de escollos en tres cuartas partes. O lado de barlovento é un illote estreito cunha densa vexetación. Esta composto por catro motus cunha superficie total de 2´6 km². É unha reserva natural protexida onde se reproducen as tartarugas mariñas. Tamén é digna de mención a Illa dos Paxaros, ao oeste de atol, deshabitada e criadeiro de gran cantidade de aves mariñas.

Viven permanentemente seis familias dedicadas á recolección de cocos, que finalmente se converterá en aceite de copra, e ao cultivo da perla negra de Polinesia.

O paso de entrada á lagoa interior ten fama de difícil. Pero polo menos é moi recto, cuns 300 metros de lonxitude e uns 25 de anchura durante a metade deles. De boa profundidade, só ten un obstáculo no extremo interior, facilmente visible se hai boa luz. A corrente é moi forte, oscilando entre catro e máis de seis nós, sempre saínte. Con mar de fondo do oeste, ou con moita corrente, pode resultar impracticable.

Ten dous bos fondeadoiros. Ao nordeste da lagoa, fronte ao antigo poboado, destruído polos últimos furacáns, e ao sueste, fronte ao poboado actual. Cerca do paso de entrada, por fóra e cara ao sur, hai un naufraxio dun barco alemán da primeira G.M., o Seeadler.

Maupihaa foi descuberto en 1767, polo inglés Samuel Wallis. O nome colonial do atol era Lord Howe. Contén algúns restos arqueolóxicos polinesios. En 1917 foi cedido a unha compañía para producir copra e foi replantado de cocos e levaron porcos e galiñas. Entre 1997 e 1998 foi devastado por dous furacáns.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]