Atol Farquhar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atol Farquhar
Atol
Datos
País Seychelles
Illa principal Île du Nord
Linguas
Poboación (2009)
Superficie 7´5 km²
Superficie lagoa 150 km²
Nº de illas 9
Coordenadas 10°10′00″S 51°08′00″L / -10.16667, -51.13333
Maior Altura
Localización
Localización do atol

O Atol Farquhar é parte do Grupo Farquhar nas Seychelles. De 1965 á independencia das Seychelles en 1976, foron parte do Territorio Británico do Océano Índico. A área total dos atois, incluída a gran lagoa, é de 170´5 km². A superficie terrestre é de 7´5 km².

Farquhar destácase polas súas grandes dunas de area, algunhas das cales chegan a máis de dez metros de altura. O atol atópase a uns 770 km de Mahé e é a parte máis meridional das illas Seychelles. Foi descuberto en 1501 polo navegante portugués, Joan de Novoa.

O principal grupo de illas describen unha longa curva no lado leste do atol. As máis grandes son Île du Nord e a Île du Sud, coas illas menores do Manaha entre elas. Máis ao sur están as Goelettes. Para o lado oeste do atol atópase o pequeno grupo coñecido como Trois Îles. O atol consta de:

  • Île du Nord.
  • Île du Sud.
  • Manaha Îles.
    • Manaha Nord.
    • Manaha Milieu.
    • Manaha Sud.
  • Goelettes.
  • Trois Îles.
    • Lapin.
    • Île de Milieu.
    • Depose.
  • Bancs de Sable.

Hai un pequeno asentamento na Île du Nord (Illa do Norte).

Mapa.