Atmospheric Reentry Demonstrator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O ARD exposto no ESTEC.

Atmospheric Reentry Demonstrator, coñecido abreviadamente como ARD foi un demostrador tecnolóxico da ESA deseñado para estudar a reentrada atmosférica. ARD foi lanzado nunha traxectoria suborbital por un Ariane 5 o 21 de outubro de 1998 ás 16:37 GMT desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.

A nave tiña a mesma forma da cápsula de reentrada das naves do Proxecto Apollo pero cun tamaño un 20% inferior. A bordo levaba un equipo de comunicacións para establecer conexión cos satélites do sistema TDRS, un receptor GPS, o sistema de control de actitude alimentado por hidracina, o escudo térmico de 2,8 m de diámetro, tres paracaídas de 23 m de diámetro e unha baliza do sistema SARSAT para a recuperación da cápsula.

ARD foi levado ata o espazo por un Ariane 5, do que se separaou a 216 km de altura para alcanzar despois un apoxeo de 830 km e volver a caer a terra, amarando a 4,9 km do punto calculado no océano Pacífico tras 1 hora e 41 minutos de voo. O escudo térmico funcionou sen problemas, aguantando temperaturas de ata 900 °C e sendo recuperado en boas condicións.

ARD foi utilizado para probar tecnoloxías que puideran ser usadas nun posible vehículo de retorno de emerxencia da Estación Espacial Internacional.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "ARD" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2018. 
  • Mark Wade (2018). "ARD" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2018. 
  • Claude Lafleur (2018). "ARD" (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]