Atenulfo II de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atenulfo II de Benevento
Nacementoséculo VIIIxuliano
Falecemento940
Ocupacióngobernante
PaiAtenulfo I de Capua
CónxuxeSigelgaita of Gaeta
FillosLandulf of Conza e Gaitelgrima of Benevento
Na rede
WikiTree: Capua-9
editar datos en Wikidata ]

Atenulfo II (tamén Atenolf, Atenolfo, Atinolfo, Adenolfo, Atenulfo, ou Adenulfo; morreu en 940) foi o irmán máis novo do príncipe Landulfo I de Benevento, quen o asociou ao trono en xuño de 910 ou 911 (como o seu pai, Atenulfo I, asociara a Landulfo unha década antes).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 909, Landulfo foi a Constantinopla para recibir os títulos de antipatos e patrikios e Atenulfo ficou na casa, pero recibiu parella investidura. Atenulfo tomou parte na Batalla de Garigliano en 915 e na campaña contra os bizantinos en 921 en Apulia, chegando ata Ascoli. Continuou a guerra contra Bizancio, mesmo chamando mercenarios maxiares ao mando dun capitán chamado Szovard (italianizado como Salardo). En 929, con Landulfo, Guaimaro II de Salerno e Teobaldo de Spoleto, invadiu Apulia e Calabria outra vez. Desta vez fallaron todos e a vella alianza rompeu.

Morreu en 940. coa súa anónima esposa tivo dous fillos: Landulfo, que se apoderou de Salerno en 973-974, e Atenulfo, gastaldo de Aquino.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: IV Arconati – Bacaredda. Roma, 1962.