Atenulfo I de Capua
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX Benevento, Italia |
Morte | 910 (Gregoriano) Cápua, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Outro | |
Título | Prince of Benevento (en) (900–910) Prince of Capua (en) (887–910) |
Familia | Landulfids (en) |
Fillos | Atenulfo II de Benevento, Landulfo I de Benevento |
Pais | Landenolfo, Gastald of Teano e NN |
Atenulfo I, chamado o Grande (latín magnus), finado en 910), foi o príncipe de Capua desde o 7 de xaneiro de 887 e de Benevento desde 899, cando conquistou este principado. Usou tamén o título de prínceps gentis Langobardorum: "príncipe dos longobardos" un eco do título empregado polo máis antigo príncipe de Benevento tras o colapso da cohesión longobarda en 774.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O fillo de Landenulfo, gastaldo de Teano, Atenulfo, polas súas influencias e conquistas, tivo éxito na súa reivindicación da súa familia longobarda ao status de príncipe, como os de Benevento e Salerno. Desde o 879, varios candidatos disputábanse Capua, pero, sobre 887, Atenulfo eliminara da contenda aos seus irmáns e curmáns e converteuse en príncipe único coa axuda do hypatos Atanasio de Nápoles. No ano seguinte (888), estaba en guerra con Atanasio sobre "Liburnia". Libraron unha non decisiva batalla en San Carzio sobre o Clanio.
Atenulfo volveu daquela a súa atención sobre Benevento, que estivera había pouco baixo control bizantino e que daquela estaba baixo o control de Spoleto. Conquistoullo ao xa unha vez deposto príncipe Radelchis II en 899 e foi proclamado príncipe en Santa Sofía en Benevento en xaneiro de 900. Venceu a resistencia do que fora rexente de Benevento, o Bispo Pedro, ao cal enviou ao exilio en Salerno. Tras ter unido a maior parte do Mezzogiorno longobardo, dirixiu as súas agresións cara aos sarracenos do Garigliano.
Atenulfo aliouse con Amalfi e Gregorio IV de Nápoles e atacou e venceu os sarracenos en 903. Fíxose vasalo dos bizantinos coa idea de recibir axuda militar, pero no obtivo ningunha. Pasou o resto da súa vida preparándose para unha segunda expedición meirande. Morreu antes de vela, aínda que resultou na famosa e exitosa Batalla de Garigliano en 915. Polos seus éxitos contra os musulmáns Eugenio Vulgario dedicoulle un poema. A Atenulfo sucedeuno o seu fillo Landulfo I, ao que asociara ao principado en 901. Atenulfo declarou inseparábeis os principados de Capua e Benevento e instituíu o principio de cogoberno entre fillos e irmáns que guiou o principado ata a súa división en 981.
Principado de Capua | ||
---|---|---|
Segue a: Landenulfo I de Capua |
Atenulfo I de Capua | Precede a: Landulfo I de Benevento |
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Radelchis II de Benevento |
Atenulfo I de Capua | Precede a: Landulfo I de Benevento |
Fontes
[editar | editar a fonte]- Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: IV Arconati – Bacaredda. Rome, 1962.