Guaimaro II de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guaimaro II de Salerno
Nacementoséculo VIIIxuliano
Falecemento4 de xuño de 946
PaiGuaimaro I de Salerno
NaiItta of Spoleto
CónxuxeGaitelgrima of Benevento
FillosXisulfo I de Salerno e Rotilda of Salerno
Na rede
WikiTree: Salerno-34
editar datos en Wikidata ]

Guaimaro II, ás veces chamado o Chepudo, finado o 4 de xuño de 946, foi príncipe longobardo de Salerno do 901 ao 946.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse en príncipe de Salerno no 901, ano no cal o seu pai se retirou (ou foi obrigado a facelo) a un mosteiro, onde ficou ata a súa morte. Fillo de Guaimaro I e Itta, foi asociado ao trono polo seu pai a partir do 893. A el débese o gran florecemento do Principado: restaurou o pazo do príncipe, fixo edificar o campanario xunto á igrexa palatina de San Pietro (920), reintroduciu a cuñaxe de moedas de ouro.

No 895, durante a cativerio do seu pai en Avellino, rexeu só os destinos do principado e foio verdadeiro protagonista da represión da revolta filo-napolitana que estourara contra o seu pai Guaimaro coa axuda de Atanasio de Nápoles. Tras o retiro ao convento do pai, despótico e impopular, Guaimaro II puido acceder ao exercicio total do poder.

Ao principio dos eu reinado mantivo sólidas as relacións de alianza cos Bizantinos, dos que o seu pai recibira os títulos de patricio e protospatario. Ao mesmo tempo fíxose aliado Capua, logo anexionada ao Principado de Benevento, casando en segundas nupcias con Gaitelgrima, filla de Atenulfo I. Do primeiro matrimonio tivo a Rotilda, á que deu como esposa a Atenulfo III, sobriño de Atenulfo II e fillo de Landulfo I de Benevento. O seu primeiro matrimonio suscita moito interese sobre todo porque desta unión tería nacido un fillo, tamén chamado Guaimaro. Precisamente á existencia deste fillo débese o feito de que a sucesión dos príncipes de nome Guaimaro fose renumerada: segundo esta revisión dos ordinais, Guaimaro III sería Guaimaro IV e Guaimaro IV converteríase en Guaimaro V.

Tamén Guaimaro II levou adiante unhas guerras contra os musulmáns, nas que participaran o pai e o avó, aínda que de maneira moi marxinal. Combateu na batalla do Garigliano do 915, onde as forzas unidas de Gaeta, Nápoles, Capua, Benevento, Salerno, Lacio, Spoleto, Roma e tamén da Italia bizantina derrotaron aos musulmáns da chamada Colonia do Garigliano.

No 923 ou 926 Guaimaro retirou a propia alianza con Bizancio, contra a que se puxo en guerra en apoio a Landulfo I de Capua. Consonte aos acordos tomados, Guaimaro e Landulfo atacaron xuntos a Puglia, conquistas que foron para Landulfo, e a Campania, de onde Guaimaro obtivo novos territorios. Pero a alianza entre os dous príncipes se revelou ben logo un fracaso, ao punto de que Landulfo cambiou a estratexia e chamou no seu apoio ao duque Teobaldo de Spoleto. Tamén esta alianza resultou infrutuosa e rompeu sobre o 930. Guaimaro tornou daquela ao partido dos bizantinos, persuadido nesta ocasión polo protospatario Epifanio.

Guaimaro foi un príncipe moi relixioso. Fixo espléndidas doazóns ao mosteiro de San Massimo, fundado polo avó Gaiferos, e nos derradeiros anos da súa vida subvencionou tamén as reformadores cluniacenses. No 943 asociou ao trono a Xisulfo I, o fillo tido no segundo matrimonio. Á morte de Guaimaro II, sucedida o 4 de xuño de 946, Xisulfo I sucedeuno no trono.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LX Grosso – Guglielmo da Forlì. Roma, 2003.