Saltar ao contido

Asunción Morgade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAsunción Morgade
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Rairiz de Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Rairiz de Veiga
2015 –
← Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, enfermeira Editar o valor en Wikidata

Josefa Asunción Morgade Rúa, nada en Rairiz de Veiga en 1986,[1] é unha política e xestora sanitaria galega, alcaldesa de Rairiz de Veiga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Profesionalmente é enfermeira e psicóloga.[2] Graduada en Psicoloxía Clínica, en paralelo á súa carreira política foi directora dunha residencia de anciáns en Monterrei.[3]

Figurou como número 2 da candidatura do PPdeG ao concello de Rairiz de Veiga nas eleccións de 2015. Neses comicios o PPdeG obtivo unha ampla maioría e Xoaquín Rodríguez Ambrosio foi reelixido alcalde. Poucos meses despois, en decembro, Ambrosio viuse obrigado a dimitir tras ser condenado por prevaricación a oito anos de inhabilitación,[4] polo que o pleno escolleu no seu canto a Asunción Morgade como alcaldesa. Con todo, Morgade non contou co apoio de dous concelleiros do PPdeG que foran do PPdeG antes de que os anteriores concelleiros do BNG, co exalcalde á cabeza, se integrasen no seu grupo.[5] No momento de converterse en alcaldesa foi a alcaldesa máis nova da provincia de Ourense.

Nas eleccións de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida con maioría absoluta. Para as eleccións de 2023 a dirección provincial do PPdeG designou outro candidato a alcalde, e Asunción Morgade incorporouse á candidatura do PSdeG[6], á fronte do cal revalidou a alcaldía con maioría absoluta.


Predecesor:
Xoaquín Rodríguez Ambrosio
 
Alcaldesa de Rairiz de Veiga
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]