Asun Fernández de Garaialde
Asun Fernández de Garaialde | |
---|---|
Nome completo | Asun Fernández de Garaialde |
Nacemento | 18 de agosto de 1968 |
Lugar de nacemento | Altsasu |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Asun Fernández de Garaialde y Lazkano Sala, nada en Altsasu, Navarra, 1969, é unha médica e política vasca de ideoloxía independentista, parlamentaria navarra por Aralar dende o ano 2007.
Traxectoria política[editar | editar a fonte]
Membro de Aralar dende o ano 2002.[1] Tralas eleccións municipais do ano 2003, converteuse en alcaldesa de Altsasu por esa mesma formación, permanecendo no cargo até 2007.[1]
Nas eleccións ó Parlamento de Navarra de 2007 foi elixida parlamentaria navarra pola coalición Nafarroa Bai e como compoñente de Aralar nas súas listas.[1]
Nas eleccións municipais e forais de 2011 foi reelixida como parlamentaria navarra e elixida concelleira de Altsasu de novo pola coalición Nafarroa Bai e como compoñente de Aralar nas súas listas.[1]
Tralo V Congreso de Aralar, o 17 de decembro de 2011 tivo lugar a Conferencia Política de Aralar en Navarra, onde foi elixida coordinadora de Aralar en Navarra polo 92,85% dos asistentes, tomando así a substitución ó anterior coordinador Txentxo Jiménez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Aralar. "Fernandez de Garaialde y Lazkano, Asun". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2011.