Astron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astron
Esquema de Astron
TipoObservatorio espacial.
Satélite deTerra
Data de lanzamento23 de marzo de 1983[1][2][3]
Foguete portadorProton K/D-1[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios X e ultravioleta.[2][4]
NSSDC ID1983-020A
Masa3250 kg[2][5]
Dimensións6 m de lonxitude[4]
Datos orbitais
Inclinación63,4 graos[5]
Apoapse189.290,3 km[5]
Periapse14.967,8 km[5]

Astron foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa[5] lanzado o 23 de marzo de 1983 desde o cosmódromo de Baikonur mediante un foguete Proton K/D-1.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Astron foi lanzado a unha órbita altamente elíptica cun apoxeo a unha distancia de case a metade da distancia á Lúa, permitíndolle estar fora da sombra da Terra e dos cintos de radiación durante o 90% do tempo da súa órbita.[4]

O satélite deixou de funcionar en xuño de 1989, tras superar a súa esperanza de vida inicial, dun ano.[4]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

O instrumento principal era un telescopio franco-soviético para o ultravioleta de 5 metros de lonxitude. Ademais levaba a bordo un espectrómetro de raios X consistente nun contador proporcional sensible ós raios X con enerxías de entre 2 e 25 keV e cun área efectiva de 0,17 m². O campo de visión era de 3°x3°.[4]

Resultados[editar | editar a fonte]

O espectrómetro de raios X tomou datos continuous de Hercules X-1 1983 e 1984. Tamén observou fontes de raios X en Orión, Taurus e Leo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ASTRON" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "ASTRON" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  3. "Note verbale dated 31 May 1983 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (83-14976(E)). 9 de xuño de 1983. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Astron 1" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2011). "Astron" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]