Aspiradora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aspiradora Lux.

Unha aspiradora[1] é un dispositivo que utiliza unha bomba de aire para aspirar o po e outras partículas pequenas de sucidade, xeralmente do chan. A maioría de fogares con chan lousado teñen un modelo doméstico para a limpeza[2]. O po recóllese mediante o sistema de filtrado un “ciclón” para unha posterior disposición.

Historia[editar | editar a fonte]

Até finais do século XIX, os cepillos para alfombras eran as únicas ferramentas coas que se contaba para tratar de manter limpo o ambiente destes lugares.

Esquema da viaxe do aire nunha aspiradora.

Posteriormente foron creados varios artefactos para limpar alfombras, e en 1901 foi patentada a primeira aspiradora. Ideada polo enxeñeiro inglés Hubert Cecil Booth, Puffing Billy era unha enorme máquina, cun motor eléctrico, que aspiraba o po. Tamén creou unha aspiradora que a chamou Trolleyvack que funcionaba cun motor máis pequeno, despois Booth instalou unha empresa de aseo. A súa primeira tarefa importante foi limpar a alfombra da Abadía de Westminster; tamén houbo outro creador, James Murray Spangler (de Ohio), quen creou unha aspiradora portátil que funcionaba cun ventilador eléctrico.

Variante para a limpeza de vehículos.

No entanto, non sería até 1908 (ano no que Spangler vendeu os dereitos do seu invento a un parente e industrial do coiro, William H. Hoover) que se crease a aspiradora de zorra de hoxe en día. Hoover deseñou o modelo "O", que tiña rodas, un mango longo e unha bolsa para conter o po. Aínda que nun principio o mercado era para fábricas, máis tarde realizou unha liña de aparellos domésticos, popularizándose o seu uso rapidamente por todo Estados Unidos.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Hoxe en día é un equipo indispensable para o mantemento e limpeza tanto para o fogar, como para oficina, goberno, universidades e colexios. Os modelos utilizados por persoal de limpeza son máis robustos e moitas veces non utilizan bolsa para reter o po, senón que o depositan nun colector para logo baleirar este colector ao lixo.

Ultimamente están a aparecer aspiradoras robotizadas, que limpan sen intervención humana o chan. Un exemplo delas é Roomba e en Asia Mamirobot.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aspirador.
  2. "Usando o aspirador" (en inglés). BBC News. 30 de agosto de 2001. Consultado o 6 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Booth, H. Cecil "The origin of the vacuum cleaner," ''Transactions of the Newcomen Society'', 1934–1935, Volume 15, (en inglés).
  • Gantz, Carroll. ''The Vacuum Cleaner: A History'' (McFarland, 2012), 230 pp, (en inglés).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]