Asociación Galega de Produtoras Independentes
Asociación Galega de Produtoras Independentes | |
---|---|
Tipo | asociación empresarial |
Data de fundación | 1994 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.agapi.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) é unha asociación empresarial pioneira do sector audiovisual galego creada en 1994 e que agrupa a máis de trinta empresas produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos, contribuíndo activamente á consolidación e desenvolvemento da industria audiovisual de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]AGAPI ten especial interese na constante evolución e actualización de coñecementos dos profesionais da industria audiovisual, polo que, desde a súa creación, organizou numerosos seminarios de formación especializada, que abarcan desde os aspectos máis creativos até os máis innovadores e tecnolóxicos.
Conscientes da importancia da internacionalización e comercialización dos produtos audiovisuais, AGAPI organizou en 2004 a presenza por primeira vez dunha representación de Galicia no maior e máis importante mercado de contidos audiovisuais do mundo, o MIPCOM de Cannes.
Seguindo nesta liña, AGAPI tamén realizou o primeiro Catálogo da Produción Audiovisual de Galicia.
Algunha das últimas e importantes accións de AGAPI foron a súa participación no proceso de elaboración para a aprobación da nova Lei do Cine (Lei 55/2007); AGAPI tomou parte neste proceso como única asociación de empresas produtoras independentes convidada a comparecer no Congreso dos Deputados, e a organización dos encontros profesionais "Novas Formas de Distribución e Consumo Audiovisual - NOVOMED" e o "Foro de Marketing e Comercialización Audiovisual".
A Asociación entende que o audiovisual é un sector estratéxico e de futuro para Galicia; o audiovisual tamén é industria cultural, conxugando intereses empresariais e culturais nunha mestura na que os dous elementos teñen a mesma importancia e fortaleza.
Empresas asociadas
[editar | editar a fonte]Lista de empresas produtoras asociadas en AGAPI en 2012 (entre parénteses, localidade onde ten a súa sede):
- Abano Producións (Ferrol)
- Área 5.1 Factoría Audiovisual (A Coruña)
- Atlántico Films (Vigo)
- Bren Entertainment (Santiago)
- Cies Comunicación (A Coruña)
- Cinemar Films (Ames)
- Continental Producciones (A Coruña)
- Editorial Galaxia (Vigo)
- Filmanova (A Coruña)
- Interacción, C.I.M. (Vigo)
- Mara Producciones (Santiago)
- Milou Films (A Coruña)
- Miño Media (Lugo)
- OQO Filmes (Pontevedra)
- Pórtico Audiovisuais (Santiago)
- Portocabo (A Coruña)
- Producciones Vigo (Vigo)
- Sodinor (Vigo)
- Studio XXI (A Coruña)
- Tic Tac Producciones (A Coruña)
- Uno TV (A Coruña)
- Vaca Films (A Coruña)
- Vía Láctea Filmes (Vigo)
- Visual Think Films (Vilagarcía de Arousa)
- Xamalú Filmes (A Coruña)
- Zenit Televisión (Ames)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Premios AGAPI
- Academia Galega do Audiovisual
- Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual
- Asociación de Actores e Actrices de Galicia
- Clúster Audiovisual Galego
- Consorcio Audiovisual de Galicia