Asociación de Amigos da Ópera de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A asociación Amigos da Ópera de Vigo é unha asociación cultural da cidade de Vigo (Galiza) xurdida en 1958 da man de Camilo Veiga. Ata aquela a cidade olívica fora o final das actuacións dos cantantes e compañías de ópera antes de embarcar para realizar xiras por América. En 1958 tivo lugar o primeiro festival de ópera da cidade, interpretándose as óperas Manon de Jules Massenet, La traviata de Giuseppe Verdi e Tosca e Madama Butterfly de Giacomo Puccini, obtendo un notable éxito e que contou con grandes figuras internacionais. A asociación levou á cidade olívica a cantantes de renome como Alfredo Kraus, José Carreras ou Montserrat Caballé.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]