As Veigas de Almorzar, Bemil, Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Veigas de Almorzar
Veigas de Almorzar.jpg
Vista parcial da zona non urbanizada das Veigas de Almorzar.
ParroquiaBemil
ConcelloCaldas de Reis
Poboación126 hab. (2020)

As Veigas de Almorzar é un lugar da parroquia de Bemil, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE[1], en 2020 tiña 126 habitantes (66 homes e 60 mulleres), o que supón un aumento respecto ao ano 1999, cando contaba con 108 habitantes (52 homes e 56 mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localízase na marxe dereita do val do río Umia, no extremo sur da parroquia de Bemil. Trátase dunha entidade singular de poboación de recente creación, produto da urbanización incontrolada das últimas décadas arredor da N-640[2]. Forma unha conurbación co centro de Caldas de Reis.

Tal e como indica o topónimo, neste lugar existe unha ampla superficie cultivable e chá, que tradicionalmente se dividiu en pequenas parcelas alongadas, na súa maioría traballadas polas veciñas de Follente e Outeiro (Bemil). Na actualidade só permanecen en cultivo unhas poucas destas parcelas, manténdose unha dinámica de expansión dos predios urbanizados, o que ocasiona a perda de terras de gran potencial agrícola.

A súa doada comunicación cos principais núcleos urbanos e de servizos favoreceu a expansión de vivendas unifamiliares e de naves industriais, malia ser esta unha zona de alto risco de inundación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Consultado o 2021-05-04. 
  2. O patrimonio inmaterial de Bemil. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bemil. 2018. ISBN 978-84-948717-5-7. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bemil[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bemil no concello de Caldas de Reis (Pontevedra)

A Canle | A Lavandeira | As Veigas de Almorzar | Follente | Outeiro | Paradela

Parroquias de Caldas de Reis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Caldas de Reis

Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)