Arturo Carril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arturo Carril
Nacemento13 de xullo de 1902
 Corcubión
Falecemento13 de xullo de 1990
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña e Uruguai
Ocupaciónescritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Arturo Patricio Carril Amigo,[1] nado en Corcubión o 13 de xullo de 1902 e finado en Buenos Aires o 13 de xullo de 1990, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marchou novo a Montevideo para librar do servizo militar, e alí comezou a traballar como linotipista. Introduciuse no mundo sindical e político, fundamentalmente anarquista e tamén nacionalista, participando da Irmandade Nacionalista d’América do Sul. Na década dos anos vinte exerceu como correspondente de Correo de Galicia no Uruguai, foi redactor de Terra e colaborou en Céltiga, formando parte da Peña Céltiga. Fundou en 1920 a revista Mundo Teatral e en 1935 La Lectura. Creou a Editorial Mar, na que apareceu a primeira tradución ao castelán da novela de Castelao Os dous de sempre, feita por el en 1937. Na década dos corenta trasladouse a Arxentina, onde continuou co seu labor cultural, e vencellourse á Federación Libertaria Argentina.

Cultivou a poesía, a novela e o ensaio, pero destacou como dramaturgo. Estreou moitas obras en Uruguai e Arxentina, algunhas premiadas como Estoy sola y te espero, Premio de la Sociedad de Autores Teatrales del Uruguay en 1942. Algunhas obras fixéronse famosas pola censura dos gobernos ditatoriais arxentinos, como Argentina, hora cero. A obra Las viudas de los vivos trata o tema da emigración e desenvólvese en Malpica de Bergantiños. Tamén escribiu ensaios dedicados ao mundo teatral como El Teatro (ayer, hoy y mañana) e de tema político, Teoría del Estado de Transición.

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 3 variaciones sobre un tema. Teatro. Valencia: Editorial Mar, 1938.
  • Estoy sola y te espero. Buenos Aires, 1942.
  • Nuestro hermano Florencio. Buenos Aires.
  • Crónica de una ciudad y su musa, Buenos Aires.
  • Las viúdas de los vivos, Buenos Aires.
  • Teatro completo de Arturo Carril, Buenos Aires: Ed. Mecenas, 2 vol, 1959.
  • Argentina, hora cero. Buenos Aires, 1969.

Novela[editar | editar a fonte]

  • Sobre el río como mar. Buenos Aires.
  • Como las ví. Buenos Aires.
  • Como los ví. Buenos Aires.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • La cofradía de los pescadores. Buenos Aires.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ou Patricio Arturo como figura na súa partida de nacemento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]