Arturo Carretero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Carretero
Nome completoArturo Carretero Sánchez
Nacemento1852
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1903 e 4 de novembro de 1903
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióngravador e xilogravador
editar datos en Wikidata ]

Arturo Carretero Sánchez, nado en Santiago de Compostela no ano 1847 ou 1852[1] e finado en Madrid o 4 de novembro de 1903, foi un xilógrafo e gravador galego, un dos máis importantes da súa época.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do escribán salmantino Juan Alonso Carretero Fernández e da ferrolá Nemesia Sánchez Barros, tivo dúas irmás: Eligia (nada en 1842) e Nemesia (nada en 1843). Aprendeu gravado en París[2] e, ao regresar a España, estableceuse en Madrid. Ao longo da segunda metade do século XIX realizou moitos gravados en diversas publicacións periódicas, sendo especialmente importante a súa colaboración en La Ilustración Española y Americana. Porén, viuse afectado pola substitución do gravado en madeira por métodos de fotogravado, polo que nos seus últimos días traballou como debuxante. Discípulo seu foi Enrique Mayer, que estudou gravado no seu obradoiro madrileño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carretero y Sánchez, Arturo". VIAF. 
  2. "Santiagueses ilustres. Arturo Carretero". El Eco de Santiago (en castelán). 7-11-1903. p. 2.