Articulación esferoidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
1: articulación esferoidal; 2: articulación condiloide (elipsoide); 3: articulación en sela; 4 xinglimo; 5: articulación trocoide
Cápsula da articulación do ombro (distendida). Aspecto anterior.

Unha articulación esferoidal (case equivalente a enartrose) ou articulación en rótula, é un tipo de articulación sinovial, na cal unha superficie con forma de bóla dun óso arredondado encaixa nunha depresión con forma de copa doutro óso. O óso distal pode moverse na articulación nun número indefinido de eixes, que teñen un centro común, o que permite que o óso se mova en case todas as direccións.

Unha enartrose é un tipo especial de articulación esferoidal na cal a copa cobre a esfera alén do seu ecuador.[1]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Un exemplo desta forma de articulación encóntranse na cadeira, onde a cabeza arredondada do fémur articúlase no acetábulo con forma de copa da pelve. Outro exemplo é a articulación glenohumeral do ombro, onde a cabeza arredondada do úmero articúlase na fosa glenoidea con forma de copa da omoplata. A articulación do ombro inclúe tamén unha articulación esternoclavicular.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Platzer, Werner (2008) Color Atlas of Human Anatomy, Volume 1, p.28
  2. Module - Introduction to Joints webarchive: [1] 20-07-2011