Articulación atlanto-occipital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Membrana atlanto-occipital anterior e ligamento atlantoaxial.
Membrana atlantoccipital posterior e ligamento atalntoaxial.

A articulación atlanto-occipital é a articulación entre o óso occipital do cranio e a primeira vértebra cervical ou atlas, que consiste en dúas articulacións condiloides. Os cóndilos occipitais articúlanse coas caras articulares superiores do atlas.[1] Esta articulación é unha articulación sinovial.

Ligamentos[editar | editar a fonte]

Os ligamentos que conectan os ósos son:

Movementos[editar | editar a fonte]

Os movementos permitidos nesta articulación son:

  • flexión e extensión arredor do eixe mediolateral, que dá lugar os movementos ordinarios de inclinación cara a adiante e atrás da cabeza.
  • lixeiro movemento lateral ou lateroflexión, a un lado e outro arredor do eixe anteroposterior.

Non existe rotación entre o occipital e o atlas senón un pequeno deslizamento dos cóndilos occipitais sobre as caras articulares do atlas.[1]

A flexión prodúcese principalmente pola acción dos músculos longo da cabeza e rectos da cabeza anteriores; a extensión pola do recto da cabeza posterior maior e menor, o oblicuo da cabeza superor, o semiespiñoso da cabeza, esplenio da cabeza, esternocleidomastoideo, e as fibras superiores do trapecio.

Os rectos laterais son responsables do movemento lateral, axudados polo trapecio, esplenio da cabeza, semiespiñoso da cabeza e esternocleidomastoideo do mesmo lado, que actúan todos conxuntamente.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía. Interamericana-McGrow Hil. 12ª edición (1987). Páxinas 232-233. ISBN 84-7605-359-2.

Gray's Anatomy (1918) 20ª edición. Texto en dominio público incorporado ao artigo.