Ars Combinatoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ars Combinatoria
OrixeGalicia Galicia,
Período1991 - presente
Na rede
Facebook: arscombinatoriamusic Editar o valor em Wikidata

Ars Combinatoria é un grupo galego creado en 1991 que centra a súa actividade na música antiga. Actualmente está dirixido por un dos seus fundadores, o sarriao Canco López.

Historia[editar | editar a fonte]

Ars Combinatoria naceu en 1991 da inquietude por cantar polífonía do século XVI español, trobar cantigas medievais, realizar un baixo continuo ou reunirse para interpretar música de J.S.Bach.

A idea de achegar as súas interpretacións ás sonoridades da época na que foron escritas e de achegarse na medida do posible ao compositor e á súa obra levou a esta agrupación a empregar cadros de intérpretes, técnicas e instrumentos distintos para cada programa. Con este obxectivo teñen colaborado co grupo nas diferentes necesidades musicais: os luthiers Germán Arias e Antonio Franco realizando copias de instrumentos medievais en 1992, os musicólogos J.C. Asensio e Alfonso de Vicente, encargados neses primeiros anos das transcricións e do asesoramento do repertorio medieval interpretado, a foniatra Lourdes Querol, quen nun principio fíxose cargo da formación técnica das voces, Claudio Astronio quen introduciu ao conxunto na música barroca italiana en 1996, entre outros.

Para Ars Combinatoria non só o material sonoro gobernado por unha unidade musical é o que chega a producir o acto en si do concerto, senón que unha parte fundamental é a montaxe e a convivencia entre os instrumentistas, que traballan durante todo o ano en retiros temporais, convidando e coñecendo sempre músicos novos, dos que pouco a pouco algúns se van integrando en toda unha forma de pensar e facer.

Actualmente conta con máis de setenta intérpretes, grazas aos cales se poden realizar os diversos programas. O grupo está formado por unha parte vogal e unha parte instrumental que poden aparecer individual ou conxuntamente.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Ars Combinatoria ten colaborado ao longo da súa historia con outros grupos e orquestras en diversos programas, como os realizados con Malandança e a Capela da Universidade de Santiago coa interpretación do drama litúrxico Ordo Profetharum (2006 e 2007), o grupo instrumental colaborou co coro da Capela Real de Madrid na interpretación do varias Cantatas de J.S. Bach nos Ciclos de Cantatas do Concello de Madrid, ou a colaboración do coro coa Orquestra Presjovem no 2007 coa interpretación do Réquiem de Mozart. Algúns dos solistas que colaboraron coa agrupación foron os cantantes Laura F. Alcalde, Gemma Bertagnolli, Anouschka Lara, Elena Sancho, Sabine Garrone, Hölger Falk, Miro Moreira, Alain Damas ou Iván García entre outros. Ars Combinatoria foi dirixido por directores como Francisco Luengo, Oscar Gershensohn ou Pablo Mielgo

Concertos[editar | editar a fonte]

Ars Combinatoria levou a cabo máis dunha centena de concertos en numerosas cidades do Estado español, Inglaterra e Italia. Participaron durante dous anos consecutivos no Ciclo Clásicos de Verán da Comunidade de Madrid. En ocasións dedica o seu tempo ao labor didáctico, realizando un ciclo de seis concertos didácticos con repertorios que abranguen dende a música medieval ao Barroco no Museo Arqueolóxico de Madrid. Tamén ten participado como grupo residente no Encontro Artes no Camiño, traballando cunha orquestra de rapaces na localidade luguesa de Sarria.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]