Saltar ao contido

Arquipélago das illas do Canal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir coas Illas do Canal (ou Illas Anglo-normandas).
Modelo:Xeografía físicaArquipélago das illas do Canal
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCalifornia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 33°30′N 119°30′O / 33.5, -119.5
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude747 m Editar o valor en Wikidata
Superficie350,89 mi² Editar o valor en Wikidata

O arquipélago das illas do Canal, ou arquipélago do Norte, ou illas do Canal (en inglés, Channel Islands of California) é un conxunto de illas situadas fronte á costa de California. De facto son parte do estado de California, nos Estados Unidos desde 1852.

Está formado por oito illas —San Miguel, Santa Rosa, Santa Cruz, Anacapa, Santa Bárbara, San Clemente, San Nicolás e Santa Catalina—, dous illotes —Prince e Sutil—, ademais de numerosos farallóns que se estienden ao longo da costa, desde San Diego até San Francisco. As illas setentrionais do grupo están separadas do continente polo canal de Santa Bárbara, e as meridionais polo canal de San Pedro.

As illas encóntranse baixo a soberanía dos Estados Unidos de América desde 1852, pero grupos non oficiais mexicanos reclámanas para o seu país, pero non así o goberno de México, que non efectuou reclamación ningunha sobre elas. En 1972, os Brown Berets ou "Boinas cafés", un grupo de activistas latinos, chicanos e mexicanos residentes tomaron a illa Santa Catalina, invocando o Tratado de Guadalupe-Hidalgo, o cal non fai mención ningunha sobre as illas.

Desde 1980, cinco das illas integran o Parque Nacional Illas del Canal (Channel Islands National Park): San Miguel, Santa Rosa, Santa Cruz, Anacapa e Santa Bárbara.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.