Arqueoloxía submarina
Aparencia
A arqueoloxía submarina é o estudo da vida, comportamentos e culturas humanas no pasado usando os restos físicos atopados en auga salgada ou doce ou aterrados baixo o sedimento submarino. É a miúdo considerada unha rama da arqueoloxía marítima.
As localizacións de arqueoloxía submarina consisten en naufraxios (de barcos ou avións), restos de estruturas creadas na auga (coma pontes ou portos) ou sitios onde a xente viviu en terra no pasado que foron logo asolagados por auga debido a un aumento do nivel do mar ou outros fenómenos.