Arneirón do xibardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O arneirón do xibardo (Coronula diadema) é unha especie de arneirón das baleas que aparece en xibardos ou outras especies de baleas. Xa aparece descrita por Linneo na súa duodécima edición de Systema naturæ de 1767.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Como o seu nome indica, Coronula diadema parece unha coroa, pero ao crecer faise máis cilíndrica; os espécimes grandes chegan a 5 cm de alto e 6 cm de diámetro. Consta de seis placas rodeando un orificio hexagonal superior protexido por un par de opérculos. As placas teñen finas estrías lonxitudinais e a metade inferior adoita ter estriacións transversais irregulares.[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

C. diadema encóntrase na pel das baleas. Ao falar desta especie, o zoólogo Charles Darwin (quen dedicou gran parte da súa carreira aos cirrípedes), dixo que coñecía catro sitios onde se encontrara a especie, os mares árticos arredor de Escandinavia, a costa leste de Norteamérica, cerca das Illas Británicas e na Corrente do Golfo. Outra posible localización era Nova Zelandia, pero Darwin dixo que se trataba de Coronula reginae.[2]

Os seus hóspedes son normalmente baleas, isto é, cetáceos con barbas, especialmente a balea xibardo (Megaptera novaengliae), onde se adhiren á cabeza, ás aletas, en sucos e pola zona xenital.[3] Este arneirón tamén foi encontrado na balea azul (Balaenoptera musculus), na balea franca austral (Eubalaena australis), no rorcual común (Balaenoptera physalus), no cachalote (Physeter macrocephalus) e no zifio caldeirón (Hyperoodon ampullatus).[4]

Ciclo vital[editar | editar a fonte]

A maioría dos arneiróns son hermafroditas con fertilización cruzada, e necesitan estar moi apiñados para reproducirse. O individuo que actúa de macho estende o seu longo pene para impregnar a cavidade doutro individuo próximo, así fecúndao e nel desenvólvese o embrión até a primeira muda,[5] cando a flotante larva nauplius orixinada forma parte do plancto e pasa á fase cipris tras seis mudas, cando xa non se alimenta. Hai experimentos en laboratorio que suxiren que a larva cipris é inducida a iniciar a metamorfose a arneirón xuvenil en resposta a sinais químicos da pel das baleas hóspedes.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Diámetro basal 20mm
Diámetro basal 20mm
Vista superior
Vista superior
Vista lateral
Vista lateral

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alan Southward (2015). "Coronula diadema (Linnaeus, 1767)". World Register of Marine Species. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Darwin, Charles (2010). The Works of Charles Darwin, Volume 12: A Monograph of the Sub-Class Cirripedia, Volume II: The Balanidae (Part One). NYU Press. pp. 370–371. ISBN 978-0-8147-2055-4. 
  3. Perrin, William F.; Würsig, Bernd; Thewissen, J.G.M. (2009). Encyclopedia of Marine Mammals. Academic Press. p. 90. ISBN 978-0-08-091993-5. 
  4. Hayashi, R. (2013). "A checklist of turtle and whale barnacles (Cirripedia: Thoracica: Coronuloidea)". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 93 (1): 149–155. doi:10.1017/S0025315412000847. 
  5. Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S.; Barnes, Robert D. (2004). Invertebrate Zoology, 7th edition. Cengage Learning. p. 683. ISBN 978-81-315-0104-7. 
  6. Nogata, Yasuyuki; Matsumura, Kiyotaka (2006). "Larval development and settlement of a whale barnacle". Biology Letters 2 (1): 92–93. PMC 1617185. PMID 17148335. doi:10.1098/rsbl.2005.0409. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]