Saltar ao contido

Arnarulunnguaq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArnarulunnguaq

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor en Wikidata
Qaanaaq, Groenlandia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1933 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
Qaanaaq, Groenlandia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexploradora Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDansk Biografisk Leksikon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Arnarulunnguaq, nada en Qaanaaq[1] en 1896 e finada o 3 de outubro de 1933, foi unha exploradora groenlandesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arnarulunnguaq, que significa "pequena muller",[2] naceu en Qaanaaq, unha pequena comunidade inuit de Thule, e era filla de Uumaaq, un cazador groenlandés. Quedou orfa de pai desde os sete anos e era tradición que cando unha muller quedaba viúva con fillos matase o máis pequeno para axudar a que sobrevivisen o resto, pero ela librouse polos choros do seu irmán Ajako, polo que súa nai deixou que vivise.[1] Tivo unha infancia difícil na que tivo que axudar á familia.[1]

En agosto de 1921, Arnarulunnguaq e o seu home uníronse a quinta expedición Thule (viaxes de exploración)[3] que realizaba o explorador dinamarqués Knud Rasmussen. Cando estaban en Nuuk, pouco antes de principiar a expedición, morreron o seu home e un irmán por mor da pneumonía, unha enfermidade que traían consigo os europeos. Daquela, Rasmussen pediulle a Arnarulunnguaq que regresase cos seus pero ela non considerou esa posibilidade e respostoulle: "Antes eras ti quen me necesitaba, agora son eu quen te necesita", continuando coa expedición.[4]

Cando, en 1923, rematou a primeira parte da expedición chegando á Baía de Hudson, a maior partes dos expedicionarios regresaron ás súas casas, mais Rasmussen, Arnarulunnguaq e o seu curmán Qaavigarsuaq Miteq decidiron continuar, cunha zorra de cans, a través do Paso do Noroeste até o estreito de Bering,[5] o 31 de agosto de 1924 na que se converteu na máis longa travesía con cans de toda a historia e con só tres superviventes. En varias ocasións, Rasmussen valorou a achega fundamental de Arnarulunnguaq durante os 18.000 km da expedición en zorra máis longa da historia[3], pois dominaba a zorra, era unha experta cociñeira en condicións extremas e sabía erguer iglús e secar as peles coas que se vestían.[4]

Durante a expedición, conseguiron visitar todos os grupos inuit no norte do Canadá, moitos en Alasca e, finalmente, e de xeito simbólico, aos grupos da península de Tjukotka, na Unión Soviética.

De Alasca foron ata Washington onde foi recibida cos outros dous membros da expedición polo presidente Calvin Coolidge e partiu rumbo a Dinamarca, onde chegaron a finais de 1924. En Copenhague, enfermou de tuberculose e foi hospitalizada pero non se repuxo de todo e non puido volver a Thule ata o verán de 1925. Alí volveu casar con Karl Peary, un fillo do explorador estadounidense e morreu o 2 de outubro de 1933.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Cando estaba no hospital, nunha visita de Rasmussen, este deulle a Medalla de Prata ao Mérito, que aceptou con dificultades a pesar dos seus merecementos.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ulfsdotter, Marja (15 de xullo de 2008). "Arnarulunnguaq - fra fattig barndom til Washington på høje hæle". jyllands-posten.dk (en dinamarqués). Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  2. Lind Krebs, Martine (17 de febreiro de 2019). "Hvem var Arnarulunnguaq?". makko.dk (en dinamarqués). Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Knudsen, Andreas. "Op på slæden". infonor.dk. Archived from the original on 22 de agosto de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Lidegaard, Mads (2003). "Arnarulunnguaq (1896 - 1933)". kvinfo.dk (en dinamarqués). Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  5. Redacción (6 de marzo de 2007). "Den lille kvinde på den store slæderejse". sermitsiaq.ag (en dinamarqués). Consultado o 16 de marzo de 2021.