Saltar ao contido

Armando Calderón Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArmando Calderón Sol

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata
San Salvador, O Salvador Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 2017 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSan Salvador Editar o valor en Wikidata
41º Presidente do Salvador
1 de xuño de 1994 – 1 de xuño de 1999
← Alfredo CristianiFrancisco Flores Pérez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAliança Republicana Nacionalista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 184129784 Editar o valor en Wikidata

Armando Calderón Sol, nado en San Salvador o 24 de xuño de 1948, é un avogado, empresario e político, Presidente do Salvador entre 1994 e 1999.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1977 recibiu un doutoramento en Xurisprudencia e Ciencias Sociais. Foi un dos fundadores da Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) en setembro de 1981. Foi Alcalde de San Salvador (1988-1994).

Presentouse como candidato presidencial nos comicios do 20 de marzo de 1994, pero non alcanzou a maioría en primeira volta, tendo que competir na segunda rolda electoral do 24 de abril co candidato de esquerda, Rubén Zamora da coalición FMLN-CD. Tras vencer na segunda elección, tomou posesión o 1º de xuño dese ano. A Calderón correspondeulle implementar varios puntos pendentes da aplicación dos Acordos de Paz de Chapultepec como o despregue da Policía Nacional Civil e a desmobilización da antiga Policía Nacional.

Xunto co seu conselleiros económicos, Juan José Daboub e Manuel Enrique Hinds, Calderón Sol puxo en marcha unha serie de medidas neoliberais como privatización das compañías telefónicas e de distribución eléctrica e os fondos de pensións ata entón de propiedade gobernamental. Durante a súa xestión, o territorio salvadoreño foi abordelado polo paso do Furacán Mitch, que provocou importantes danos na infraestrutura do país. Terminado o seu mandato, o 1 de xuño de 1999, Calderón Sol paso a ser Deputado do Parlamento Centroamericano, desde entón mantivo un alto perfil político e ocupou o cargo de presidente honorario da ARENA.

Presidente do Salvador

Segue a:
Alfredo Cristiani
Armando Calderón Sol
Precede a:
Francisco Flores Pérez
ARENA