Arkaitz Goikoetxea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arkaitz Goikoetxea
Arkaitz goikoetxea.jpg
Nacemento4 de maio de 1980
 Barakaldo
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo vasco
Ocupaciónterrorista
editar datos en Wikidata ]

Arkaitz Goikoetxea Basabe, nado en Barakaldo o 4 de maio de 1980, é un terrorista do País Vasco, membro da organización ETA.

Procedente da kale borroka empezou a actuar no 2000, cando perdeu tres dedos dunha man manipulando un cóctel molotov. Tras varias detencións por accións de apoio a ETA, foi acusado de atacar o 5 de xullo de 2001 a dous ertzainas con cócteles molotov. O 24 de outubro de 2002, foi detido e permaneceu en prisión até 2005. Foi declarado en busca e captura ese mesmo ano ó non presentarse a un xuízo que tiña pendente. A partir dese momento consideróuselle un membro liberado de ETA.

Foi detido, xunto ó resto do Comando Biscaia, o 22 de xullo de 2008. Atribúeselle a dirección do comando baixo as ordes do xefe dos mesmos, Txeroki. Impútanselle os delitos de integración en organización terrorista, de asasinato pola morte dun axente da Garda Civil o 14 de maio de 2008 en Legutio, conspiración para a detención ilegal, estragos e conspiración para o asasinato do xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Grande-Marlaska.[1][2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]